Estudo da Economía do Deseño en Galicia
  • Xunta de Galicia
  • Xacobeo 20/21
  • DAG Asociación Galega de Deseñadores

Introducir formación en deseño.

É importante achegar o deseño ao sector produtivo. Introducir formación en deseño nas incubadoras, aceleradoras e viveiros de empresas, cámaras de comercio, asociacións de empresarios, etc., permitirá asimilar o deseño como unha ferramenta transversal.

Fomentar o coñecemento básico das disciplinas do deseño.

Coñecer a taxonomía de conceptos, ou as funcións e roles que cumpren os e as deseñadoras nas diferentes fases dos procesos produtivos das empresas, permitirá asimilar esta actividade como transversal case de forma natural.

Introducir formación en planificación estratéxica para os profesionais do deseño.

Debido ao descoñecemento da xestión empresarial que teñen os e as profesionais do deseño galegas, sería interesante introducir formación en planificación estratéxica, xestión empresarial e análise de viabilidade nas escolas de deseño.

Conectar o sector produtivo co sector do deseño.

Procurar puntos de encontro ou lugares de conexión entre empresas e profesionais do deseño.

Descargar informe ↓