Ferramentas e recursos
Mapa do deseño galego
O mapa de provedores é un catálogo en liña de profesionais do sector do deseño (axencias, estudos de deseño e profesionais autónomos) promovido pola Xunta de Galicia para difundir a oferta de servizos de deseño existente en Galicia, a súa traxectoria profesional e os seus proxectos de referencia.
Ver →PRODAG
Base de datos de provedores da cadea de valor do deseño que pretende dar visibilidade aos diferentes provedores de produtos e servizos complementarios a actividade profesional de deseñadores/as.
Ver →D-TOOL
D-Tool é unha ferramenta desenvolvida pola ADCV para diagnosticar os usos do deseño en empresas e organizacións. O obxectivo desta ferramenta é axudar a comprender ou descubrir o grao de uso do deseño nunha organización e como podería mellorar esta relación para aumentar a produtividade, o posicionamento ou acadar a excelencia.
Ver →Pódese calcular o RODI en deseño?
Non existe unha ferramenta única nin unificada para calcular o retorno do investimento en deseño (RODI), mais nesta ferramenta apuntamos as pautas dun proceso que pode axudar ás empresas a coñecer ese resultado dunha forma máis axustada e clara.
Ver →Guía de contratación
Un dos problemas detectados no Estudo é a dificultade coa que se atopan algunhas empresas para contratar profesionais do deseño. Nesta pequena guía amosamos unha serie de puntos que esperamos sexan de axuda á hora de resolver este problema.
Ver →