Estudo da economía do deseño en Galicia

Debido ao seu carácter transversal, o valor do deseño é un factor dificilmente medible coas ferramentas de investigación de mercado existentes. É por iso que resulta necesario un estudo específico, que permita coñecer e profundar nos datos. O principal obxectivo é definir a capacidade actual do deseño para influír na economía galega e, asimesmo, detectar as fortalezas e debilidades do sector.

O estudo de investigación sobre o impacto e o retorno do deseño na economía galega é unha iniciativa da Axencia Galega de Innovación, dentro do Programa Deseño Galego para a Innovación 2020. O proxecto está coordinado pola Asociación Galega de Deseño.

Política de Privacidade
Axencia Galega de Innovación