Aviso Legal
A finalidade do presente aviso legal é regular os principios de acceso e as condicións xerais de uso da web dag.gal, así como establecer a política en materia de protección de datos de carácter persoal (política de privacidade).
1. Información xeral do titular do sitio web
En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, fanse constar as seguintes circunstancias:
Nome do titular deste website (en diante, o sitio web) é o ente privado DAG, Asociación Galega de Deseño (en diante, DAG), entidade cuxo domicilio se encontra situado no CS A Trisca (2º andar), Corredoira das Fraguas, 92, 15703, Santiago de Compostela e cuxo CIF é G-70062278.
O teléfono de contacto é o 691 230 421.
2. Acceso e condicións de uso do sitio web
O acceso, a navegación e o uso do sitio web son libres e gratuítos, sempre que a persoa usuaria cumpra cos termos do presente aviso legal, a lexislación vixente, os bos costumes e comportamento usualmente aceptados no ámbito de Internet.
Mediante o acceso e uso de dag.gal a persoa usuaria declara expresamente que leu, entende e acepta sen reservas o aviso legal, así como a política de protección de datos de carácter persoal incluída nel. En consecuencia, a persoa usuaria asume a responsabilidade do uso do sitio web de conformidade co disposto no presente aviso legal. No suposto de que a persoa usuaria non acepte os termos e condicións de uso descritos a continuación, absterase de utilizar o sitio web.
A visita do sitio web non implica necesariamente que a persoa usuaria deba facilitar datos de carácter persoal. Non obstante, se nalgún caso a persoa usuaria facilitase datos persoais, estes datos pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado propiedade da DAG e serán tratados de xeito confidencial de conformidade co disposto no apartado 4 relativo á política de privacidade do sitio web.
3. Protección de datos de carácter persoal
En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos Nº2016/679 (RXPD) e da Lei orgánica 3/2018 de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), indicámoslle que os datos persoais que vostede nos facilita de forma voluntaria, por calquera dos nosos medios de recollida de información, van ser incorporados nas actividades de tratamento da DAG.
Os devanditos tratamentos teñen como finalidade a xestión profesional dos datos (xestión de clientes, realización de orzamentos, xestión contable e fiscal, elaboración de facturas, xestión de recursos humanos, xestión laboral) e fins promocionais, por parte da DAG, quen é responsable do tratamento. Os datos contidos neles serán tratados de forma confidencial. DAG cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, e cos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade.
DAG adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido polas circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Para a realización da xestión antes mencionada pode ser necesario que se cedan os datos a encargados de tratamento, empresas colaboradoras e administracións públicas.
Informámolo da posibilidade de enviarlle información, incluída a vía electrónica, sobre actividades e servizos de interese da DAG, aos que vostede presta o seu consentimento neste formulario.
Para que a información que conteñen os nosos tratamentos estea sempre actualizada e non conteña erros pedímoslles a clientes e persoas usuarias que nos comuniquen, á maior brevidade posible, as modificacións e rectificacións dos seus datos de carácter persoal, en cumprimento do principio de calidade dos datos.
Para exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento ou portabilidade sobre os datos, deberá remitir un email co asunto “RXPD” a info@dag.gal
4. Exención de responsabilidade polo funcionamento do sitio web
DAG non garante a total actualización, exactitude e/ou dispoñibilidade en todo momento dos contidos do sitio web, se ben manifesta que adoptou todas as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e do estado actual da tecnoloxía, para garantir o funcionamento continuado do sitio web e evitar a existencia e transmisión de virus e demais compoñentes daniñas para as persoas usuarias.
O servizo prestado a través do sitio web podería ser interrompido por circunstancias de diversa índole. En tal caso, DAG non se responsabilizará en ningún caso dos prexuízos que a interrupción produza nas persoas usuarias ou os seus equipos.
5. Emprego de cookies
En cumprimento co disposto no artigo 22.2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, esta páxina web infórmao, nesta sección, sobre a política de recollida e tratamento de cookies. Ao utilizar esta web, está a aceptar o uso de cookies tal e como se detalla a continuación. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu computador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer á persoa usuaria. A DAG poderá utilizar cookies para personalizar e facilitar ao máximo a navegación da persoa usuaria polos seus sitios web. As cookies asócianse unicamente a unha persoa usuaria anónima e o seu ordenador e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais da persoa usuaria. A persoa usuaria poderá configurar o seu navegador para que notifique ou rexeite a instalación das cookies enviadas pola DAG, sen que iso prexudique a posibilidade da persoa usuaria de acceder aos contidos.
Nome das cookies que utiliza esta páxina web: __ ga, __ gat, __ gid
6. Comunicacións comerciais vía correo electrónico
As únicas comunicacións comerciais que se realicen por correo electrónico serán aquelas que fosen consentidas ou autorizadas expresamente polas persoas destinatarias de conformidade coa Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, salvo o disposto polo artigo 21.2 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico na redacción dada pola disposición final primeira da nova Lei xeral de telecomunicacións, é dicir cando exista unha relación contractual previa.
7. Propiedade intelectual e industrial
Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
- A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
- Calquera vulneración dos dereitos de propietario do sitio web ou dos seus lexítimos titulares.
- A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
- Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición das persoas usuarias así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen ningún prexuízo ao sitio web.
Para os efectos de preservar os posibles dereitos de propiedade intelectual, no caso de que calquera persoa usuaria ou unha terceira persoa considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido no web, deberá notificar esta circunstancia á DAG indicando:
- Datos persoais da persoa interesada titular dos dereitos presuntamente infrinxidos. Se a reclamación a presenta unha terceiro persoa distinta da interesada, deberá indicar a representación coa que actúa.
- Indicación dos contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa localización no web.
- Acreditación dos citados dereitos de propiedade intelectual.
- Declaración expresa na que a persoa interesada se responsabiliza da veracidade das informacións facilitadas na notificación.
A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos proporcionados por terceiras persoas é da súa exclusiva responsabilidade.
O establecemento de calquera “hiperenlace” entre unha páxina web e calquera das páxinas web do sitio web estará sometido ás seguintes condicións:
- Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
- A páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao sitio web.
- Baixo ningunha circunstancia, o propietario do sitio web será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice o “hiperenlace” nin das informacións e manifestacións incluídas nela.