Estudo da Economía do Deseño en Galicia
  • Xunta de Galicia
  • Xacobeo 20/21
  • DAG Asociación Galega de Deseñadores

127

respostas

Enquisa a empresas

258

respostas

Enquisa profesionais do deseño

19

Entrevistas a empresas

18

Entrevistas a profesionais do deseño

Obxectivos

Obxectivos específicos do estudo en empresas de diferentes sectores económicos:

  • Saber que consideración teñen do deseño as empresas galegas e o nivel de «uso» que se lle da á disciplina.

  • Saber se as empresas invisten en deseño de forma habitual, canto invisten, se calculan o retorno dese investimento e en que aspectos o aplican.

  • Valorar ata que punto as empresas consideran o deseño nas súas estratexias empresariais.

  • Identificar o perfil dos e das profesionais do deseño que se integran nas estruturas internas das empresas e aqueles e aquelas que se contratan de maneira externa.

Obxectivos específicos do estudo en empresas e profesionais do deseño:

  • Ter datos obxectivos da prestación de servizos de deseño en Galicia, sendo unha aproximación ao que podería ser a oferta de servizos especializados.

  • Ofrecer datos cuantitativos que permitan establecer comparativas con estudos similares e tamén definir un punto de partida para futuros estudos deste tipo en Galicia.

  • Realizar unha análise comparativa entre profesionais por conta propia e allea como referencia para entender mellor as diferentes realidades e vías que existen á hora de exercer como profesional do deseño.

Conclusións xerais

1

Se se deixasen de facer actividades de deseño estímase que a produción da economía galega podería caer case 2.000 millóns de euros en valor engadido e se perderían máis de 42.000 empregos equivalentes a tempo completo.

2

O deseño debe considerarse clave en calquera das políticas e programas para a recuperación da economía galega. Hai que ter en conta que os servizos de deseño son necesarios para que as empresas poidan medrar e competir.

3

As empresas precisan indicadores que lles permitan entender o potencial que ten o deseño como ferramenta aplicada ás súas necesidades; mais tamén demandan ferramentas para saber como contratar e medir o deseño.

4

É necesario incidir na formación e apoio ás empresas para aportarlles os coñecementos necesarios sobre as vantaxes do uso do deseño.

5

Para mellorar a comunicación entre o sector do deseño e as empresas é importante traballar a taxonomía de conceptos, especialidades, funcións e roles do deseño e saber transmitila.

6

Estudos coma este e ferramentas de localización como o Mapa de Provedores de Servizos de Deseño, poden servir para facilitar ás empresas a contratación de servizos e traballadores.

7

O deseño é un sector resistente ante as situacións de crise, capaz de desenvolver solucións creativas e de futuro dirixidas ao resto dos sectores.

Descargar informe ↓