Estudo da economía do deseño en Galicia

Política de privacidade

A través deste sitio web non se solicitan datos de carácter persoal das persoas usuarias sen o seu coñecemento.

Coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo e co obxecto de facilitar o uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a actividade das persoas visitantes e a súa frecuencia de utilización. Para estes efectos, a DAG utiliza a información estatística elaborada polo Provedor de Servizos da internet.

O portal do que é titular a DAG pode conter ligazóns a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas á da DAG. Ao acceder a tales sitios web vostede pode decidir se acepta as súas políticas de privacidade e de cookies. Con carácter xeral, se navega por internet vostede pode aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros dende as opcións de configuración do seu navegador.

Información básica sobre protección de datos

A continuación, informámoslle sobre a política de protección de datos da DAG.

Responsable do tratamento
Os datos de carácter persoal que se puidesen solicitar directamente da persoa interesada serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade da DAG.

Finalidade
A finalidade do tratamento dos datos corresponde a un estudo que pretende medir o impacto e o retorno do deseño na economía galega como motor de cambio e transformación. Os datos solicitarémolos a través de enquisas online e entrevistas persoais.

Lexitimación
O tratamento dos seus datos realízase co consentimento da persoa interesada, prestado mediante unha clara acción afirmativa.

Conservación de datos
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos
As enquisas online poderán ser anónimas. Os datos persoais, aportados de maneira opcional nas enquisas, únicamente se poderán comunicar a GAIN (Axencia Galega de Innovación), un organismo que depende da Xunta de Galicia, como destinatario do estudo.

Dereitos das persoas interesadas
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos que dos seus datos se levan a cabo pola DAG. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, ante a DAG, Centro sociocultural A Trisca (2º piso), Corredoira das Fraguas, 92, 15703 Santiago de Compostela, ou na dirección de correo electrónico info@dag.gal.

Axencia Galega de Innovación